Hábitat

VIVARIUM: lugar máxico

Centro e lugar
EEI San Roque. Viveiro
Etapa educativa
Educación Infantil
Curso académico
2018-2019
Persoa coordinadora
Genma Rego Rouco

Partiuse do espazo que se ocupa e no que se vive a diario. Desde comenzos do curso, formando parte do Plan de evacuación, comezouse con pequenos percorridos polos distintos espazos do centro para coñecer a situación propia, como é a escola, localizar a aula e os difentes lugares que se ocupan no día a día. Nun segundo momento localizouse en Google maps a vila e a escola. Posteriormente, visitouse a Oficina de Turismo da vila. Este sería o punto de partida para que, coa axuda das familias, comezasen as investigacións sobre o espazo que se ocupa e todo o que se ve no camiño da casa á escola.

Como primeira actividade fíxose un caderno de campo personalizado para levar na realización das visitas aos espazos onde recoller información e vivencias reais das nenas e nenos. Posteriormente, en cada aula traballáronse aspectos diferentes en actividades grupais, intergrupais, en pequenos grupos ou individuais. Sen dúbida as saídas e visitas, os percorridos pola vila axudaron ao alumnado a coñecer en profundidade os lugares polos que pasaban pero dos que pouco sabían. Despois destes percorridos e das pequenas investigacións sobre a historia do pobo de Viveiro, fíxose esta maqueta en plastilina, que tamén serviu para localizar espazos, orientarse e recoñecer lugares en visitas posteriores.

A metodoloxía foi moi motivadora, activa e plenamente significativa, baseada na realidade próxima, con experiencias reais e manipulativas. No caderno de campo nenas e nenos foron cubrindo as experiencias e descubrimentos realizados, propiciando o principio de individualización e potenciando a socialización con traballos en gran grupo e intergrupal, axundados a tomar coinciencia da sociedade na que viven nas visitas e contactos que realizaron coa veciñanza.

Máis paneis relacionados