Hábitat
«Mariela camiña polo sendeiro abaixo. Devagar. Vai xogando cos pés descalzos mollándose no regueiro que discorre pola beira. Salta sobre cada pedra tumbada que, simulando pequenas pontes, marcan o paso ás herdades. Logo de percorrer un longo treito de camiño, chega finalmente ao prado, onde a auga o encharca todo e, docemente, os seus pés sumérxense na lama».
Paisaxes habitadas
Marta Somoza Medina, 2016
Paisaxe e territorio
«Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Cada terra é coma se fose o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo do Norte para o Sul, do Leste para o Oeste noutro tanto; poderala volver andar outra vez e máis: non a has dar andado. E de cada vez que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos. Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves».
Leria
Vicente Risco, 1961