Malia que sempre estivo no noso imaxinario relatar nestra mostra o traballo realizado por parte das comunidades escolares ao abeiro do ProxectoTERRA, tras a sindemia, co enorme esforzo esixido ao profesorado e as complicadas circunstancias do alumnado e as súas familias, cobrou máis sentido traelo á luz.
Buscamos narrar, dar voz e poñer en valor tantas iniciativas de calidade e rigor emprendidas durante estes anos. Pese a que non poidan estar todas presentes, sirva esta mostra coma unha homenaxe colectiva.